Os desperfectos causados polos temporais seguen a ser visibles. En Pontevedra, o acceso a Cangas dende a autovía do Morrazo, indo dende Vigo seguía esta mañá cortado debido ao desprendemento do valo lateral sobre a calzada, a causa das intensas choivas. E en Malpica, na Costa da Morte, a forza do mar desprazou un dos bloques do espigón abrindo un grande furado // O Secretario Xeral do PP, Alfonso Rueda, di que a formación vai agardar a que se pronuncie a audiencia provincial, ante o recurso presentado trala apertura do xuizo oral a sete concelleiros do seu partido en Santiago, antes de aplicar os estatutos do partido. E o Secretario Xeral dos Socialistas, Gómez Besteiro esíxelle a Núñez Feijóo, que se pronuncie sobre este asunto. 05/03/14