O Bono Comercio terá una nova edición para o nadal. A Xunta reactívao a partir do luns, cunha dotación de dous millóns e medio de euros, logo de que a edición anterior, a principios de novembro, quedase esgotada en so dous días. As persoas que non puideron utilizalo daquela, poderán facelo agora, sen ter que descargalo de novo | Malestar entre os responsables dos establecementos hoteleiros ante a obriga de incluir novos datos persoais no rexistro de viaxeiros, como a relación de parentesco. Din que supón máis burocracia e menos privacidade. Os usuarios, en cambio, din que apenas están a notar a diferenza | Máis de Cen máquinas quitaneves, e preto de vinte toneladas de sal forman parte do dispositivo do plan invernal de estradas, que abangue máis de 2.000 quilómetros en Galicia. As intervencións levaranse a cabo seguindo as alertas da Aemet en portos de montaña e durante as nevadas en cotas baixas | A Unión Europea acordou rebaixar a protección do lobo, que pasará de estar estrictament