En Novembro aumentou o desemprego en Galicia en 8.700 persoas, co que hoxe xa son 23.000 parados máis que hai un ano. No conxunto do estado están sen traballo máis de catro millóns novecentas mil persoas. // Preocupación en Ferrol e Verín pola intención de Paradores de Turismo de pechar os seus establecementos nestas cidades. Tamén propón a empresa pública que abran só nas temporadas de máis demanda os paradores de Santo Estevo, Monforte, Tui e Vilalba. // Belén familiar de Conxo: 27 escenas bíblicas nun nacemento con máis de seiscentas figuras artesanais. 04/12/12