Bombeiros de Vigo saen cara Valencia, onde se sumarán aos compañeiros que xa están na zona devastada pola DINA, xunto con efectivos doutros concellos galegos. Tamén chegan alí os profesionais da Axencia Galega de Emerxencias, que inclúen mergulladores e equipos de rescate. En total son cerca de 200 as persoas enviadas dende Galicia para axudar na catástrofe, coa previsión de que estarán alí polo menos durante os próximos sete días | Medios para achicar auga e maquinaria de limpeza. Esas son, agora mesmo as principais necesidades de axuda nas zonas afectadas, segundo solicitan as propias autoridades locais, e non comida ou medicamentos. Por iso os concellos paralizan a recollida deses produtos que viñan organizando. Os Bancos de Alimentos recomendan facer doazóns en metálico | Comeza unha nova campaña de vacinación contra o virus respiratorio sincitial nos centros de saúde, para os nenos nacidos desde o un de abril que non recibirán a dose nos hospitais. As autoridades sanitarias reco