Remata o Encontro dos Gobernos de Portugal e España en Viana do Castelo, con acordos como a creación dun 112 transfronteirizo para mellorar as urxencias sanitarias entre ambos países. // As precipitacións das últimas semanas permiten recuperar as reservas de auga e tamén o caudal de ríos como o Lérez. Así a fábrica de Celulosa de Pontevedra pode retomar a actividade, tras case catro meses de parón. // Os productores de leite comenzan a recibir mellores retribucións por parte das industrias, para compensar a suba dos custes. Nos mercados, os prezos aumentan ata un 25 por cento no último ano. // Dende hoxe, máis dun cento de artistas saen ás rúas de Santiago en busca de inspiración, no encontro internacional Compostela Ilustrada, que volve ao seu formato orixinal. 04-11-2022