A vacina da meninxite B segue a escasear nas farmacias dende que se autorizou a súa venda hai un mes. En moitas acumulan longas listas de pedidos que non poden atender porque os distribuidores apenas lles serven unhas poucas. Véndense con receita aínda que non está incluida no calendario vacinal como piden os pais. O deputado díscolo do PSOE na Deputación de Lugo Manuel Martínez volveu saltar hoxe a disciplina do seu grupo e votou contra o socio de goberno no organismo provincial, o BNG. Apoiou unha proposta do PP que reduce considerablemente a asignación económica ao grupo nacionalista e o número de asesores. O conselleiro de educacion ve ben a proposta de pagarlles aos profesores unha parte do soldo en funcion dos resultados do seu traballo, incentivando aos que mais se esforcen. (04/11/15)