O temporal deixounos choiva, ventos e oleaxe e, na Coruña arrastrou a area da praíña do Matadoiro e deixou as rochas ao descuberto, igual que estaban antes das labores de rexeneración. Na costa hai alerta amarela, ondas de máis de cinco metros e ventos que superan os 100 quilómetros por hora // Esta tarde son soterrados no concello coruñés de Oza-Cesuras os dous mozos mortos nun accidente de coche, na madrugada do domingo cando voltaban dunha festa por unha vía secundaria, o parecer para escapar dos controis da garda civil. Outros tres ocupantes do coche resultaron feridos // Trafico fará durante esta semana controis especiais aos vehiculos de transporte escolar. Ademais de vixilar o cumprimento da normativa por parte de conductores e autobuses, os axentes farán fincapé no seguimento dos rapaces nos momentos de baixada e de subida ao vehiculo, porque son eses os mais perigosos da viaxe. 04/11/13