Todo preparado para a vista xudicial máis multitudinaria da historia en Galicia. Estas instalacións da Cidade da Cultura, en Santiago, acollerán a partir de mañá O xuizo do accidente do Alvia, no que perderon a vida 80 persoas e más de 140 resultaron feridas. // En Vigo arranca a feria internacional de pesca conxelada, con Máis de 700 expositores , que Destacan a fortaleza e as boas perspectivas do sector mar industria. Na inauguración, A Xunta amosa o seu apoio ao goberno central nas iniciativas para frear o veto europeo á pesca de arrastre. // Véspera de San Froilán e arranc en Lugo a festa máis concorrida do outono en Galicia. Actividades culturais e concertos gratuítos animan a cidade, co protagonismo habitrual para as barracas e as tradicionais casetas do polvo. 04-10-2022