Continúa o descenso de incidencia da Pandemia, hoxe os casos activos son 741, con apenas 28 contaxios novos detectados. Nos hospitais son 56 os pacientes ingresados, dos que 13 están nas UCI, un máis que o día anterior. O falecemento dunha persoa nas últimas horas eleva a 2.639 o total de vítimas mortais. // A mellora da situación epidemiolóxica aconsella xa revisar protocolos como os da Hostalaría. Así o indicou o conselleiro de Sanidade, que hoxe asinou un convenio coa alcaldesa da Coruña, para construir un novo centro de saúde no vello mercado de Santa Lucía. // Gonzalo Caballero pedíu hoxe a Valentin González Formoso, o seu rival nas primarias a secretaría xeral do PSdeG-PSOE, que dea explicacións de por qué na provincia da Coruña o partido ten peores resultados que no resto de Galicia e acusouno de proximidade pública con Alberto Núñez Feijóo. // O Celta volveu de Elche coa quinta derrota no que vai de temporada, logo de perder por un gol a cero ante o equipo levantino. 04-10-2021