Primeiras visitas do público á Casa Cornide. Remata así o enfrontamento entre o concello da Coruña e a familia Franco, que ostenta a propiedade, e que se viu obrigada, por orde da Xunta, a permitir o acceso a un inmoble histórico declarado ben de interese cultural | Estabilizados os tres incendios declarados en Ponteceso tras calcinar 470 hectáreas. En total son máis de 1.300 hectáreas arrasadas polo lume en Galicia nos últimos días | Os votos da maioría absoluta do Partido Popular aproban hoxe, no Parlamento, o teito de gasto da Xunta para 2026. É o máis alto da historia autonómica, por riba dos 14.000 millóns de euros | A reflexión sobre os conflitos bélicos a través da arte. É un dos temas centrais da Bienal de Pontevedra, que acolle estes días obras de máis de 60 artistas contemporáneos de distintos países