Detido en Samos un home acusado de atacar a coiteladas aos seus veciños, un home de 82 anos que morreu e unha muller, de 73, ferida grave. O detido mantiña desavenencias cos veciños e tiñaos ameazado con anterioridade. | Os hosteleiros de Santiago prevén unha ocupación do 82 % para o mes de agosto, un 10 % por riba das cifras acadadas ano pasado. | A prestixiosa guía Peñín escolle un godello da denominación de orixe Valdeorras entre os doce mellores viños de España. | O Marisquiño, o festival de deportes e cultura urbana de Vigo, avanza na montaxe dos escenarios, que este ano estarán principalmente na praia de Samil. 04-08-2023