O paro continua  á baixa, e o rexistrado  diminuíu  en Galicia no mes pasado un 4,7 % ; isto é,  12.000 parados menos que en  xuño, o que  sitúa a baixa na nosa comunidade, como a maior de España en termos absolutos, e como a segunda  en termos relativos. Por sectores, restauración e hostalaría, rexistran  a maior caída, con 8.000 parados menos  Empeora a situación creada en Lugo pola folga dos traballadores da recollida do lixo. Os puntos de alerta sanitaria  chegan xa ao medio cento. A  semana pasada eran 13.  Mais de 3.000 veciños de Marín continúan sen auga da traída, dende que o sábado rompera unha tubaxe de condución. O concello recuperou unha canalización antiga, e calcula que ata o xoves non se poderá solucionar o problema. Entrementres, os marineneses, en plena época de veraneo, teñen que sacar auga dos pozos ou das fontes. (04/08/14)