Os atascos que se formaban na vila coruñesa de Noia ao regreso das praias no verán, xa son historia. Dende hai unha hora está aberta ao trafico a ponte sobre a ría que fará posible rodeala para acceder á estrada que une o Barbanza con Santiago // O Tribunal Supremo quere localizar a aseguradora do Prestige e solicitoulle á  Audiencia Provincial da Coruña que se lle notifique a sentenza. O fallo pola maior catástrofe ecolóxica do noso pais na que foron absoltos por delito medioambiental o capitán e o xefe de maquinas do petroleiro e o director xeral da mariña mercante // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou a paga de productividade que o concello de Pontevedra abonara aos funcionarios en novembro de 2012. Un xeito de compensar a supresión da paga de Nadal que decretara o Goberno Central. O fallo, rectifica unha sentenza anterior favorable ao concello, implica a devolución duns 400.000 euros. 04/07/14