Ambiente de traballo intenso nos 14 grandes centros de vacinación das sete areas sanitarias, no arranque dunha semana na que o Sergas espera acelerar o proceso. As persoas que recibiron polo menos unha dose supoñen xa o 30 por cento de toda a poboación de Galicia. // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula o despedimento dun traballador ó que botaron do traballo o mesmo día que foi pai. A empresa terá que readmitilo por vulnerar o seu dereito á igualdade e á non discriminazión por razón de sexo. // Sumrrá, unha das bandas máis emblemáticas do Jazz en Galicia, cumpre 21 anos. Co seu novo disco "7 Visións" sacan un produto feito no tempo do confinamento. Agora volven ás salas, esta vez xa con público, e con gañas de seguir tocando por moitos anos máis. Dende esta semana (abril) está tamén dispoñible nas plataformas de streaming. 04-05-2021