O deputado autonómico socialista, Pachi Vazquez, deixa o seu escano no Parlamento Galego. O que fora Secretario Xeral dos socialistas Galegos e candidato á Presidencia da Xunta abandona a cámara lexislativa, logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia concluise o sumario contra el por un presunto delicto de prevaricacion pola contratación irregular de 37 traballadores no Concello do Carballiño, na época na que Vazquez era alcalde // Unha borrasca atípica a estas alturas do ano vai deixar moita chuvia e mesmo sarabia. Chuvias treboentas que descargarán con forza sobre todo nas provincias do sur e que logo darán paso ao vento, con refachos que barrerán a comunidade durante a tarde // No aeroporto Peinador, un total de cinco voos foron desviados a Santiago ou cancelados pola néboa, co que xa son máis de corenta os que sofriron as consecuencias das obras que obrigan,ata xullo, a desconectar o o sistema ILS que lles permite aos pilotos aterrar ainda que haxa pouca visibildade. 29/