Galicia xa conta co seu primeiro Museo Nacional. Os Príncipes de Asturias acaban de inaugurar na Coruña a nova sede do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. // Galicia suma 849 parados máis en abril, co que xa hai rexistrados 277 mil nas oficinas de emprego. // A xunta inclúe no plan para animar a ter máis fillos medidas fiscais, maiores canta máis descendencia se teña. // A agricultura ecolóxica certificada gaña mercado en Galicia. Durante o ano pasado medrou máis dun 27 por cento a súa facturación. // Hoxe abriu as súas portas en Santiago a maior concentración de afeccionados á informática de Galicia, o Encontro Xuventude Galicia Net. 04/05/12