Os alugueiros subiron ata un vinte por cento en Galicia no último ano. Os prezos disparados e a falta de oferta tamén lastran o mercado da compravenda. Como trasfondo deste problema, o auxe das vivendas de uso turístico. Asuntos a debate en Santiago no Congreso Inmobiliario de Galicia | O Ministerio de Traballo vén de solicitar unha reunión urxente con Segismundo García, dono de Sargadelos, para abordar a situación da fábrica de Cervo, pechada desde onte | Preocupación no sector mexilloeiro trala publicación dun estudo do CSIC que alerta da caída drástica na produción do molusco. Apuntan a que se debe á suba da temperatura da auga | Malestar entre os usuarios que teñen previsto viaxar en tren de alta de velocidade desde Galicia este verán. A menos de tres meses da temporada alta das vacacións, os billetes para xullo ou agosto aínda non están a venda