O paro rexistrado cae en máis de 2.200 persoas en Galicia no mes de marzo, grazas ao aumento de contratacións no sector servizos. As afiliacións á seguridade social aumentan en case 8.000. // A cooperación entre Galicia e o norte de Portugal, galardoada hoxe coa medalla do parlamento galego. Un xeito de celebrar o avance, nos últimos anos, da eurorrxión que congrega máis de seis millóns de habitantes. // Aumentan as protestas pola escaseza de cría de mexillón disponible esta temporada nas zonas autorizadas pola Xunta para a extracción. A Unión Profesional de Autónomos advirte que poderían perderse miles de empregos e pequenos negocios. // Grandes incendios, como o de Baleira, con 1.400 hectáreas queimadas, cada vez máis cedo no calendario. Un fenómeno ante o que os expertos advirten da combinación do cambio climático, xunto a malas practicas fore