Os gandeiros galegos valoran a multa que lles impuxeron á industria transformadora por pactar os prezos que lles pagaba aos produtores polo leite. Once empresas transformadoras e dúas sociedades comerciais terán que abonar unha sanción de 88 millóns de euros por terse posto de acordo para esta practica durante anos // O acordo asinado hoxe entre Xunta e doce concellos da area metropolitana de Vigo permitirá reducir un 50% o prezo das viaxes no transporte público. Beneficiará a medio millón de persoas que se desprazan nos autobuses interurbanos e no transporte marítimo na ría viguesa // A catedral de Santiago ten superavit nas súas contas por primeira vez dende 2010. O ano pasado ingresou case dous millóns de euros, máis da metade foron donativos dos fieis. Os responsables do templo ven como prioritario reforzar a seguridade, pero non contra os roubos, senón ante o risco de atentado terrorista. 04/03/15.