O Ex-alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa entraba esta mañá no Xulgado de Lugo para prestar declaración diante da xuíza Pilar de Lara imputado en relación coa denominada "Operación Manga" , relacionada con presuntas fraudes nas concesións e contratos municipais. A citación de Conde Roa chega menos dun ano despois de que tivera que deixar a alcaldía de Santiago, procesado por un delicto de fraude fiscalO estaleiro vigués Barreras vai comezar a construir o flotel para Pemex antes de que remate abril. O presidente da factoría confirmou que xa teñen rematado o proxecto técnico. 2.033 persoas máis están no paro en Galicia, logo de coñecérense os datos do mes de febreiro. O desemprego aumentou, nese mes, na nosa comunidade, un 0.7%. Unha suba menor que a da media de España onde o aumento foi do 1.2%. (04/03/13)