Unhas 16 mil persoas con cancro necesitaron tratamento psicolóxico especializado en Galicia o ano pasado // Hoxe celébrase o día mundial contra o cancro. Un dos que está a aumentar a súa incidencia, nun 5% anual, é o hematolóxico, o coñecido coma leucemia // O paro sobe en 5.500 persoas no mes de xaneiro en Galicia, o maior incremento rexistrouse no sector servizos // O estaleiro de Navantia en Fene anunciará nas próximas semanas un novo contrato // Empresarios da Coruña e de Ferrolterra plantexan iniciativas para reducir a peaxe da autoestrada AP-9 entre Ferrol e A Coruña // O Celta respira aliviado tras sair dos postos de descenso grazas a un único gol de Okay no partido contra o Sevilla. 04/02/19