Uns 9.500 usuarios e traballadores de residencias xa recibiron a primeira dose da vacina da covid e agárdase que hoxe mesmo se superen os 12.000 vacinados // Os datos da covid en Galicia apuntan a un lixeiro pero continuado aumento dos contaxios // As últimas compras para Reis animan un pouco o comercio, pero sen comparación con outros anos nestas datas // En Tomiño transformaron un antigo cine nunha aula para que estudantes e profesionais poidan traballar alí sen problemas de conexión a internet // O xeo e a neve dificultou o tráfico a primeira hora da mañá en moitos puntos sobre todo na provincia de Lugo // A suba da peaxe da AP-9, mentres baixan os prezos da maioría das autoestradas de fóra de Galicia, segue tensando as relacións políticas // O sector pesqueiro galego analiza, nestes primeiros días do ano, as consecuencias do acordo do Brexit. (04/01/2021)