A Illa da Toxa recibe a líderes, expertos e exdirixentes políticos de todo o mundo para participar no Foro Vínculo Atlántico. Una edición na que se fará un repaso aos aspectos mais conflitivos do panorama internacional, dende Venezuela a, Ucraína ou Oriente medio pasando polas eleccións en Estados Unidos | En Vigo pecha as suas portas Conxemar, a feira mundial dos conxelados, con récord de participantes e de público. Grandes grupos e pequenas empresas coinciden na necesidade de capturas máis selectivas e métodos máis eficientes para adaptarse aos novos hábitos dos consumidores, nun sector que factura 18.000 millóns de euros ao ano | Os expertos do Foro Económico calculan en 634 millóns de euros a cantidade que Galicia deixaría de recibir se Cataluña abandona o réxime común de financiamento autonómico. No caso de que o modelo de concerto se extenda a todas as comunidades, as perdas poderían superar os 2.000 millóns de euros | Novo ataque do lobo ao gando no norte da provincia de Lugo. U