Coa baixada das contratacións da temporada turística, o paro aumentou lixeiramente en agosto respecto a xullo. Pero comparado con hai un ano, agora temos 9.000 parados menos en Galicia | Os colexios serán reforzados neste inicio de curso con 400 novos profesores para mellorar o éxito escolar. Unha medida do novo plan MEGA da Xunta dotado con 77 millóns de euros para os vindeiros catro anos | Na Coruña, a policía investiga o incendio que se produciu na nave da empresa Prezero, dedicada á recollida do lixo na cidade. Arderon seis camións | A revista Viajar retirou da súa páxina web unha listaxe das supostas vilas máis feas de España, feita con intelixencia artificial. Foi despois da protesta de concellos como o pontevedrés de Tomiño