Ourense, Santiago e outros tres concellos estrean hoxe as restricións que xa tiñan A Coruña e Lugo, para tentar frear os gromos de coronavirus. Límites nas cabidas, reunións de dez persoas como moito ou máscaras nos ximnasios // Alberto Núñez Feijóo será investido esta tarde presidente da Xunta por cuarta vez. A oposición téndenlle a man para loitar contra a covid e as súas consecuencias económicas, pero pídelle unha resposta máis social e de consenso // Comezan as vendimas das máscaras. En grupos pequenos, gardando as distancias // A Xunta reforza este ano con 15 inspectores os que xa teñen as denominacións de orixe para controlar a produción e a procedencia da uva. 03/09/20