Decenas de estudantes fan cola desde a madrugada ás portas das inmobiliarias para conseguir piso en Santiago. Unha cidade con máis de 20.000 estudantes e menos de 500 vivendas ofertadas | Denuncian as condicións nas que tivo que traballar o persoal sanitario de Ourense durante a vaga de calor. Hai plantas do hospital ourensán que carecen de climatización e superaron os 40 graos | Cabalería, oficinas móbiles e colaboración da GNR de Portugal. É o dispositivo da Garda Civil para garantir a seguridade no camiño portugués a Santiago, a ruta xacobea que máis medra | A pintora María Meijide, destacada figura do novo arte feito en Galicia, primeira protagonista da serie Eu Son, dedicada a creadores emerxentes, que hoxe estreamos no Telexornal