Rexeitamento dos médicos internistas á fórmula da Consellería de Sanidade para afrontar a sobrecarga asistencial. Din que os novos novos contratados nas cidades non aceptan ser obrigados a desprazarse aos hospitais comarcais. // A planta de Ferroglobe, en Arteixo, celebra 50 anos. A empresa anuncia un investimento de 4.2 millóns de euros para mellorar procesos productivos. E a única factoría de España que produce silicio metalúrxico, estratéxico para a construción de paneis solares. // A deputación da Coruña pon en marcha no concello da Capela unha primeira oficina pública para a xestión dos fondos europeos Next-Generation. // Intelixencia artificial, vehículos non tripulados ou o metaverso. Son tecnoloxías chamadas a revolucionar a vida tal e como a coñecemos, e que se dan cita no ForoEcosystems 2030, na Coruña. 03-06-22