O paro baixou en Galicia en 6.700 persoas o pasado mes de maio, un dous coma catro  por cento ,unha evolución algo mellor que na media de España. O número de desempregados rexistrados na nosa comunidade  é agora de algo máis de 263 mil. O Alcalde de Santiago, Ángel Currás, asegura que a gobernabilidade do municipio está garantida, logo da renuncia dos sete concelleiros do Partido Popular, inhabilitados por unha sentencia xudicial, por ter aprobado que o concello lle pagara o abogado a un compañeiro imputado. Os afectados anunciaron que van recorrer a sentenza ante a Audiencia Provincial da  Coruña   O Celta presenta oficialmente a Eduardo Berizzo como novo adestrador. O arxentino regresa o clube no que xogou catro anos e medio hai agora unha década.  e afondar no carácter dinámico e ofensivo do primeiro equipo  O Deportivo púxolle punto final á festa do ascenso na praza de María Pita. Alí brindoulle a volta a Primeira á afección (03/06/14)