Case un cuarto de millón de doses a maiores de 60 anos. É o obxetivo de vacinación do Sergas para esta semana, a última na que está en vigor o Estado de Alarma. O presidente da Xunta anticipaba así qué pasará despois. // Xa son catro os mariñeiros do buque "Prometeus Leader " contaxiados por covid 19, hospitalizados na clínica Fátima de Vigo. Os catro permanecen estables. O servizo de Microbioloxía confirmaba esta fin de semana a presenza da cepa india da covid na tripulación do buque, atracado no porto de Vigo. // Asamblea dos traballadores de Alcoa en San Cibrao, para analizar a situación do proceso de venda da fábrica, despois de que o venres rematase o prazo acordado para pechar a compra por parte da Sepi. O non haber acordo, os traballadores deciden se retoman as mobilizacións.. // 03-05-2021