Batalla campal con centos de persoas participantes na praza da Picota, de Laza. É a tradicional farrapada do Luns Borralleiro. Unha das celebracións máis peculiares desta localidade do triángulo máxico do Entroido ourensán, declarado pola Xunta Ben de Interese Cultural | Seguen as mostras de condolencia en Lugo, polo falecemento repentino da alcaldesa Paula Alvarellos, de 62 anos de idade, a consecuencia dun infarto. Moitos cidadáns pasan a despedila e deixar constancia da súa tristeza no libro de condolencias instalado no salón de plenos | Primeiro día de marisqueo ná ría de NOia logo da veda ampliada debido a alta mortaldade de bivalbos. Polo momento din que atopan pouca cantidade de produto e de tamaño ainda pequeño | O cineasta Iván Castiñeiras relata a desintegración dunha familia, durante 15 anos, na aldea lusa de Moimenta no documental Deuses de Pedra, estreado no Festival de Rotterdam. Unha reflexión sobre os cambios socioeconómicos no triángulo montañoso entre Ourense Zamora e