Amplíase cara ao leste da Mariña a busca do rapaz de 15 anos, que foi engulido por unha onda cando paseaba na bicicleta por un espigón, en Foz. Crese que as correntes puideron arrastralo // Os destrozos provocados pola cicloxénes Nadja na Coruña poden acadar o millón de euros. A forza do mar arrancou uns 150 metros da balaustrada de pedra que circunda a praia de Riazor // A neve impediu ir a clase a perto de 650 alumnos de 30 colexios e institutos de Ourense e Lugo. Sete centros escolares suspenderon a actividade, seis deles, en Ourense // O Alcalde de Lugo, López Orozco, do Partido Socialista, nega ter recibido sobres con subornos entregados pola empresa Vendex e di que non vai dimitir. E o Concello da Coruña rexeitou hoxe a demisión ou destitución do tenente de alcalde, Julio Flores, do Partido Popular, tamén imputado na Operación Pokémon. 03/02/14