Os camposantos, algúns de especial valor artístico e cultural, como o de Iria Flavia en Padrón, ou o de San Amaro na Coruña, seguen a recibir máis visitas hoxe, no día de Defuntos. // A Central Térmica das Pontes. Volve á actividade logo de tres meses parada, o que implica a contratación de 60 empregados e reanudar a importación de carbón a través do porto de Ferrol. // O Senado aproba, coa abstención dos socialistas unha iniciativa para reclamar unha investigación imparcial en Filipinas sobre o asasinato do coruñés Diego Bello, do que están acusados tres axentes de policía. // Sete mulleres novas que empregan o galego no seu día a día e nas súas carreiras, protagonizan a campaña” Superheroínas”. Unha iniciativa impulsada pola Real Academia Galega e a universidade de Santiago para conectar os mozos co idioma. // 02-11-22