Un buque cargado con 150.000 metros cúbicos de gas licuado para a planta de Reganosa, en Mugardos. Procedente de Estados Unidos, é o único que chega hoxe a España para compensar o peche do gasoducto do Magreb, polo que o noso país recibía Gas Natural de Alxeria. O sector asegura que non haberá desabastecemento, ainda que os prezos seguirán a subir. // O último detido polo crime de Samuel Luíz queda en liberdade. A Audiencia provincial da Coruña estimou o recurso de apelación presentado pola sua defensa, ao entender que non existen motivos neste momento procesal para mantelo en prisión. // A historia dos aneis achados na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil hai case un ano segue a ser un misterio. A especialista do Centro Superior de Investigacions Cientificas encargada da investigación non desbota que pertencesen a catro dos bispos soterrados no mosteiro no século X. Unha lenda atribúelle propiedades curativas. (02/11/2021)