Controis de entrada e saída das cidades para tratar de frear os contaxios, mentras preocupa especialmente o avance na área de Ferrol, que en poucas semanas pasou de ser a de menor incidencia a rondar os mil casos activos. En Ourense os datos empezan a falar dunha lixeira mellora. // os casos activos rozan os 9.300, logo de que no último día a cifra total de contaxios baixara dos 600. As vítimas mortais foron nove, e Segue a aumentar a presión asistencial, con máis de 500 pacientes hospitalizados, dos que 77 están nas UCi. // Clases virtuais con control de asistencia e distribución de horarios. Así será a docencia non presencial para os alumnos galegos, a partir de terceiro de primaria, en caso de que teñan que gardar corentena por peche das aulas ou colexios. A Xunta prevé implantalo en tódolos centros a próxima semana. 02/11/20