Morren dúas persoas ao estrelarse unha avioneta preto de Lavacolla. Regresaban á súa base en Santiago desde Asturias, a onde foran levar un corazón para un transplante. Á hora do accidente había unha densa néboa na zona. // Baixa o paro en xullo. Durante o último mes reduciuse en nove mil o número de desempregados en Galicia. Con respecto a xullo de 2011, hoxe hai 37.000 persoas máis sen traballo. // O Parlamento Galego decidiu crear unha comisión de investigación para analizar as responsabilidades da actual situación das antigas caixas de Aforros. // Estamos no ecuador da costeira do bonito e os armadores, aínda que están pescando algo máis que o ano pasado, non están satisfeitos coas capturas. Atribúen a escaseza de peixe ao uso de redes peláxicas por parte das flotas de outros países. 02/08/12