Un morto por atropelo, tres feridos -un deles grave- e seis persoas detidas é o saldo provisional da liorta que se produciu en Ribeira a última hora da tarde de onte. O que prometía ser a celebración dunha pedida de man, acabou nunha pelexa entre dúas familias | O paro baixou en xuño en Galicia en case 4.400 persoas, preto dun 4 por cento respecto de maio. Redúcese en todas as provincias e sectores, con principal protagonismo para o sector servizos | Galicia recibiu máis de dous millóns de turistas no que vai de ano, o que supón un incremento do 4 por cento con respecto a 2024. O impacto económico nestes primeiros cinco meses foi de 118 millóns de euros | Operar un animal, clonar árbores ou medir o nivel de clorofila dunha folla... Son algúns dos obradoiros e experimentos nos que participan un cento de estudantes de ensino medio no campamento Xuvenciencia, no Campus de Lugo