Maio volve ser un bo mes para o paro en Galicia. Case 5.000 desempregados menos. A ocupación aumenta en preto de 9.000 persoas e acada as mellores cifras dende antes da crise de 2008. // As familias dos falecidos no Villa de Pitanxo agardan con esperanza, logo de que o buque Ártabro atopase indicios na zona do naufraxio a estrutura dun buque afundido a máis de 800 metros. //  Robots que recoñecen as emocións, Impresoras 3D de medicamentos. Son algúns inventos da Maker Faire, o maior evento de inventores de España que chega a Cidade da Cultura, en Santiago. // Os afeccionados do Celta encherán Balaídos o domingo, na final que xogará co Barcelona pola permanencia. Mañá, por primera vez, o club abrirá as portas da Cidade deportiva Afouteza. 02-06-23