Os parados galegos baixan dun total de 150.000, por primeira vez dende antes da crise financeira de 2008. E O descenso de case 4.500 desempregos no mes de maio, algo inferior á media nacional, estimulado polas contratacións no sector servizos.// Logo de varias semanas á baixa, repuntan os casos de Covid. Hoxe as persoas coa infección activa son 8.710, unhas 300 máis que onte, logo de rexistrarse 901 novos contaxios. // O consello da Xunta aproba o plan de defensa contra os incendios forestais deste ano, que movilizará a sete mil persoas. O investimento é de 180 millóns de euros, dos que 33 xa se investiron en prevención. //. Hoxe arranca en Caldas de Reis o festival Portamérica, un certame cunha ampla oferta musical e gastronómica que ata o sábado convertirá a paisaxe natural do municipio pontevedrés no epicentro da música en directo en Galicia. 02-06-2022