A xunta aproba destinar 20 millons de euros para o sector primario, con destino a concentracions parcelarias, melloras de infraestructuras viarias e para plantar mil hectareas de castiñeiros. Tamen para axudas financeiras a granxas lacteas con dificultades e para danos en animais por ataques de lobos e xabarins // O paro baixou en Galicia en 7.689 persoas en maio. Supón un 3.37% de desemprego menos ca o mes anterior. En comparanza con hai un ano, os datos son aínda máis positivos e, respecto a maio do ano pasado hai 16.500 parados menos // A policía tivo que desaloxar en Santiago unha macrofesta con case un milleiro de estudantes, despois de que se rexistrase unha avalancha, debido a que se superaba con moito, o aforo previsto no local onde se celebraba. Estaban convidadas 400 persoas pero outras tantas trataron de entrar pola forza e producíronse empurróns pisotóns e mazaduras, ata que a xerente do local chamou ás forzas da orde. 02/06/16