Nos supermercados, hoxe xa non se paga IVE nos alimentos de primeira necesidade coma o leite, o pan, os ovos ou as froitas e verduras // Tras unha fin de semana de intensas choivas, os ríos van volvendo ao seu leito, aínda que hoxe algúns continúan rebordados en moitos puntos // Unha investigación sobre as mulleres que emigraron e sobre o papel que tiveron que asumir as que quedaron na terra, centra o ensaio 'El vuelo Corto', da escritora Ofelia Rey, que acaba de ser distinguido co Premio Nacional de Historia // Co comezo do ano, todos enchemos a axenda de bos propósitos, que despois cumprimos ou non. 02-01-23