O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de dar a sua aprobación a que os establecementos de lecer nocturno que opten por ampliar cabida ao 75 por cento e abrir ata as catro da mañá pidan o certificado covid aos clientes. // os casos activos baixan de mil, hoxe son 930, con 40 novos contaxios rexistrados. As hospitalizacións descenden a 48, seis menos que onte, e quedan 12 pacientes nas UCI. Os falecidos elévanse a 2.638, coa morte dun paciente nas últimas horas // Outubro estréase cunha ampla oferta cultural. Esta fin de semana aranca o festival internacional de cine Curtocircuito, que trae a Santiago máis dun cento de proxecións de películas á vangarda. // A noite deste xoves en Santiago foi máis tranquila que a da semana pasada. Os reforzos policiais patrullaron a zona onde hai oito días se produciron cargas policiais para disolver a concentración de xente nova. 01-10-2021