A ordenación do litoral galego é desde hoxe competencia da Xunta, algo que cualifica de feito histórico, e xa anuncia as primeiras medidas. Haberá un trámite único para todas as solicitudes e unha canle de información web e telefónica | Grupo tecnolóxico Indra instalará en Vigo o seu Centro de Excelencia Aeroespacial e de Defensa nun edificio da Zona Franca no centro da cidade | Segue investigándose a orixe da intoxicación alimentaria que afectou a máis de 160 persoas durante un festival en Oza-Cesuras. Unha vintena permanecen ingresados. Todo apunta a un brote de salmonela | Oito horas con Castelao. Un cento de persoas pasan a xornada lendo fragmentos da súa obra. É unha iniciativa do Festival Atlántica de narración oral