Boas perspectivas para o sector turístico galego, que prevé unha ocupación media do 80 % para este verán. Un dos motores desas cifras é o Camiño de Santiago, que continúa a ritmo de récord | A Xunta acorda solicitar un informe ao Consello Consultivo de Galicia para recorrer a lei de amnistía ante o Constitucional. Para Alfonso Rueda, “sobran os motivos” para que a comunidade actúe | Os campionatos de España de Atletismo tiveron marcado acento galego, con tres medallas de ouro para as nosas deportistas: Ana Peleteiro en triplo salto por sétima vez, a lanzadora de xavelina Yulemnis Aguilar e a mugardesa Belén Toimil, campioa en lanzamento de peso | ‘Habitar o baleiro’ é o título e a mensaxe necesaria que traslada o fotógrafo ourensán Brais Lorenzo na exposición que se pode ver estes días no Museo do Pobo Galego. 10 anos de traballo e 40 instantáneas para reflexionar sobre o despoboamento e o repoboamento