O goberno anuncia unha demanda contra a compañía Talgo por incumprir o prazo de entrega dos trens Avril. O atraso na certificacións dos vehículos impide que comencen a circular polas vías galegas antes de que remate este mes, tal como estaba previsto. A chegada da alta velocidade ás cidades, más alá de Ourense, queda adiado polo menos ata maio | Novidades no caso do cadaver dunha muller atopado no interior dunha maleta en Vigo a semana pasada. A Policía detivo a un home, que ao parecer convivía coa vítima nunha pensión próxima, como presunto autor do crime | Cúmprense un ano da entrada en vigor da "lei trans". Un regulamento que permite, entre outros aspectos, tramitar o cambio de sexo sen avaliacións médicas e psicolóxicas. Falamos con Marta, unha viguesa que nos conta a súa experiencia | Abraham Cupeiro, o multiinstrumentista, amósanos o seu t