As incidencias acumúlanse no eixo atlántico ferroviario, entre Vigo e a Coruña, sobre todo nas frecuencias máis demandadas, con atrasos, como o desta mañá de máis dunha hora. | A cota galega no novo goberno de Pedro Sánchez perde un Ministro. Sae do Executivo José Miñones, ata o de agora titular de Sanidade.| Un gromo de lexionela mantén hospitalizados a seis doentes nun hospital de Vigo. | Formar aos futuros deseñadores de moda e a profesionais especializados en deseño gráfico e dixital. E o obxectivo dun novo grao, ata agora inexistente en Galicia, que se imparte no campus de Pontevedra. 21-11-23