Sete incendios seguen sen control na provincia de Ourense, pero o descenso das temperaturas e unha chisca de humidade amainan a súa intensidade. Nas últimas horas non aumentou a superficie queimada neses lumes, que se mantén en algo máis 67.000 hectáreas | Segue moi grave, pero estable, o brigadista de 18 anos queimado hai unha semana no incendio de Oímbra. Está ingresado na unidade de queimados do hospital da Coruña. Hoxe achegámonos a esta unidade de referencia en España polo tipo de lesións que atende| O turismo tamén se resente cos incendios. O temor a ter problemas coas viaxes provoca un dez por cento de cancelacións nos hoteis de Santiago. Nas comarcas máis afectades de Ourense, as renuncias dos turistas son case completas | Concentración no xulgado de Tui de familiares e amigos de Brais Otero, o motorista que perdeu a vida contra un coche no Rosal. Piden xustiza. O condutor do coche, investigado por homicidio imprudente, evitou a prisión provisional pagando unha fianza de 150.00