Chegan a Vigo os buques do Grupo de Combate da Armada Dédalo, despois de participar en exercicios da OTAN no Mar Báltico, con efectivos dos 19 países aliados. Confórmano o portavións máis grande do exército español, un buque anfibio e unha fragata | Traballadores da automoción maniféstanse en Santiago para alertar, din, da precariedade no sector. Critican que Stellantis reciba subvencións públicas ao tempo que deslocaliza a sua produción | No Parlamento, debate sobre a suba do canon que Sogama cobra aos concellos polo tratamento do lixo. O presidente da Xunta atribuea á entrada en vigor dunha normativa europea, decidida polo goberno central | Hoxe comeza o periodo de matriculación nas tres universidades galegas. 78 titulacións xa pecharon o seu cupo