O PP celebra a vitoria nas eleccións europeas con cerca de medio millón de votos en Galicia. Satisfacción tamén nos socialistas, que se sitúan en segundo lugar con 300.000, e o BNG, destaca que, cuns 180.000 votos consegue un escano propio, por primeira vez dende hai 25 anos | Os traballadores con discapacidade no outlet de Massimo Dutti en Allariz denuncian os supostos abusos laborais. A tenda xestiónaa a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade | O grupo Lence con sede en Lugo, facturou o ano pasado 260 millóns de euros, un 24 por cento máis que no 2022. O número de empregados medrou un 30 por cento durante o ano pasado ata situarse nos 226 traballadores directos | Ana Peleteiro proclámase campioa no Europeo de Roma. Consegue a súa segunda mellor marca cun salto de 14,85 metros |