Os camiños de Santiago entran na temporada de maior afluencia, con máis de 2.000 compostelas entregadas por día. A previsión é batir este ano o récord histórico de peregrinacións. // O BOE actualiza a listaxe de motivos que poden eximir aos cidadáns da obriga de formar parte dunha mesa electoral, e inclúe terviaxes pagas antes da convocatoria. // O Grupo Inditex segue a subir na bolsa, logo rexistrar un novo máximo histórico ao rematar a sesión de onte cunha cotización de 34´99 euros por acción. // As peixarías ambulantes están en perigo de extinción. Reparten sobre todo en aldeas onde cada vez quedan menos veciños. 30-06-2023