Ingresada con traumatismo craneal, a muller agredida brutalmente en Carballo. Un veciño atopouna na rúa en estado grave. O marido, está detido como presunto autor, despois de entregarse á garda civil. // Veciños da comarca de Lemos tratan de recuperar a normalidade, tralos efectos da intensa treboada que durante algo máis dunha hora, converteu en auténticos ríos os espazos do casco urbano de Monforte. // Os productores galegos de Ternera Gallega Suprema perden un euro por cada kilo que poñen no mercado, debido ao incremento de custes trala guerra de Ucraína. Así o confirma un informe presentado pola Xunta. // A xornalista de TVE Erika Reija, galardoada nesta edición do premio José Couso, unha homenaxe marcada nesta edición por unha por unha nova guerra que sitúa aos informadores no punto de mira. 30-05-22